Mércores 23 de Outubro de 2019

Máxima colaboración entre o Concello e a Policía Nacional para a seguridade cidadá


O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome recibiu esta mañá no Concello ao comisario xefe da Policía Nacional en Ourense, Juan Carlos Blázquez. O obxectivo desta xuntanza era avanzar na colaboración entre ambas institucións para fomentar a seguridade cidadá. Alcalde e comisario coincidiron en calificar de moi positiva a reunión, que constituía a primeira visita oficial do comisario ao alcalde, e que dará paso a máis encontros destinados a fortalecer a colaboración entre Concello e Policía Nacional a través dunha colaboración constante, fluida e eficaz.

Deja un comentario