Sábado 15 de Agosto de 2020

O Concello de Ourense abre o prazo para a presentación de carteis para as festas do Samaín e dos Magostos


O premio do concurso para o deseño do cartel dos Magostos estará dotado con 800 €, e o de Samaín con 600 €.

A Concellería de Cultura abre o prazo de presentación dos carteis anunciadores para as festividades de Samaín – Festa de Todos os Santos, 31 de outubro -, e a dos Magostos – 11 de novembro -. Poderá concursar toda persoa física ou xurídica, excepto as persoas gañadoras da anterior edición no caso de que aceptaren formar parte do xurado. O premio do concurso para o deseño do cartel dos Magostos estará dotado con 800 €, e o de Samaín con 600 €. O prazo de presentación de orixinais permanecerá aberto até a segunda semana de outubro.
Os traballos serán entregados no Rexistro Xeral do Concello nun sobre, onde figurará “Concurso carteis Samaín 2019” e “Concurso carteis Magosto 2019”, acompañados dunha declaración de responsabilidade da súa autoría e do seu carácter inédito, e debaixo un pseudónimo ou lema, así coma cos datos de identificación, enderezo e teléfono. Só se abrirán os sobres das obras que resulten seleccionadas. O xurado valorará o conxunto de debuxos presentados tendo en conta a adecuación á temática, a orixinalidade e a calidade artística. A decisión do xurado será inapelable.
Os deseños presentados quedarán en poder do Concello de Ourense, mentres que os deseños gañadores serán empregados como imaxe das festividades de Samaín e dos Magostos. Os restantes poderán ser recollidos nos 30 días seguintes á finalización do concurso.
Samaín 2019. O Samaín deste 2019 inclúe, como novidade, a noite da Santa Compaña. Esta actividade consistirá en desfiles desde distintos puntos da cidade que pasarán polas rúas da zona vella -coas luces apagadas- e con remate na Praza Maior. As procesións da Santa Compaña estarán compostas de diversas animacións escénicas. Ata o ano pasado, as actividades de Samaín remataban coa procesión das cabazas polas rúas da zona histórica. Un desfile para a cativada como colofón á unha tarde de xogos. Agora, esta programación amplíase a todos os públicos, e céntrase en revivir unha das tradicións máis ancestrais galegas.

Deja una respuesta