Sábado 21 de Setembro de 2019

O Rexistro Xeral do Concello de Ourense non aceptará, desde este luns, documentación en papel de persoas xurídicas, profesionais colexiados e entidades sen personalidade xurídica


 

O Rexistro Xeral do Concello de Ourense deixará de recibir documentación en papel, desde este luns, provinte de persoas xurídicas, profesionais colexiados e entidades sen personalidade xurídica. En aplicación da Lei 30/2015, as persoas xurídicas (calquera que presente un CIF), as profesións colexiadas e as entidades sen personalidade xurídica (comunidades de propietarios, asociacións de veciños, etc.) deberán unicamente empregar os medios telemáticos dispostos na devandita lei.

Deja un comentario