Sábado 21 de Setembro de 2019

O Concello aproba a contratación do servizo de axuda no fogar por un importe superior aos 4 millóns de euros


O Concello de Ourense aprobou hoxe, en xunta de goberno local extraordinaria, o expediente para contratar o servizo de axuda no fogar do Concello de Ourense por un importe total de 4.126.594,15 euros. O contrato distribuirase nas seguintes anualidades: 1.719.414,23 euros en 2019; 4.126.594,15 euros en 2020; 2.407.179,92 € en 2021.

“Acabamos de dar un paso máis, e en firme, para a mellora no coidado das persoas con dependencia da nosa cidade”, afirma a concelleira de Política Social, Igualdade de Sanidade, Eugenia Díaz Abella. “A atención ás persoas que máis o precisan é un eixo fundamental deste Goberno, e para iso acabamos de lle dar un pulo moi importante ao novo contrato, que permitirá atender a un maior número de persoas en Ourense”, dixo.

 

Deja un comentario