Sábado 21 de Setembro de 2019

Ourense acolle a reunión dos colexios de xestores administrativos de España


 

O vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, participou esta tarde no centro cultural “Marcos Valcárcel” no acto de recepción a unha delegación encabezada polos presidentes deste colectivo

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, recibiu hoxe no centro cultural “Marcos Valcárcel” a unha delegación dos xestores administrativos de España, encabezada polos presidentes destas entidades colexiais, que se reúnen en Ourense para celebrar o seu patrón, San Cayetano de Thiene, xunto a máis de 200 profesionais procedentes de toda Galicia. Na recepción estiveron presentes tamén a presidenta do colexio de Galicia, Pilar Otero Moar e representantes deste colectivo de ámbito estatal, que desenvolverán hoxe e mañá diversas actividades sociais e turísticas, convidados polo Colexio de Xestores Administrativos de Galicia, que fará de anfitrión.

As actividades continuarán mañá sábado cunha misa na Catedral de Lugo e cunha actuación da Coral de Ruada. Posteriormente, realizarán unha visita guiada en catamarán polos Canóns do Sil, e os actos concluirán cun encontro no Parador de Santo Estevo, onde os xestores administrativos abordarán asuntos profesionais de actualidade deste colectivo.

Deja un comentario