Sábado 21 de Setembro de 2019

A Escola Municipal de Idiomas amplía o seu prazo de matrícula para os cursos de inglés para adultos


 

A Escola Municipal de Idiomas (EMI) do Concello de Ourense amplía o seu prazo de matrícula para inscribirse nos cursos de inglés, até que se cubran todas as prazas. Os grupos pertencen a educación para adultos, que se poderán matricular nas dependencias da Concellería de Educación -Praza San Martiño, nº2- en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. A EMI oferta aínda prazas vacantes, en menor medida, para os cursos dirixidos a alumnado de Educación Primaria.

Os cursos para adultos nos que aínda quedan prazas son os seguintes:

Iniciación (sen coñecementos da lingua). Clases os xoves de 19.00h a 20.50h.

Elemental 1 (nivel A1.1, coñecementos básicos da lingua). Clases os mércores de 19.00h a 20.50h.

Elemental 3 (nivel A1.3). Clases os martes de 17.00h a 18.50h.

Pre-intermedio 2 (nivel B1.1). Clases os xoves de 17.00h a 18.50h.

Pre-intermedio 3 (nivel B1.2). Clases os mércores de 10.00h a 11.50h.

Para máis información sobre os cursos, a Concellería de Educación pon o teléfono da EMI a disposición de todos os interesados: 988 393 137 (horario de tarde).

Deja un comentario