Sábado 21 de Setembro de 2019

Relación de acordos da xunta de goberno local extraordinaria celebrada esta mañá no Concello de Ourense


A xunta de goberno do Concello de Ourense celebrou, esta mañá unha sesión extraordinaria na que aprobou dous asuntos. Por unha banda, o reaxuste de anualidades do gasto plurianual do contrato -baseado no acordo marco da central de contratación da FEMP- para a subministración de electricidade en alta e baixa tensión do Concello de Ourense. Aprobouse un gasto de 2.410.031,87 €, IVE incluído, a favor de NATURGY IBERIA, S.A. Para dúas anualidades: 1.735.302,16€ para 2019, e 674.729,71€ para 2020.
Por outra banda, deuse conta dunha nova delegación de competencias, logo da entrada da concelleira María del Mar Fernández Dibuja, que asumirá as competencias en materia de Seguridade Cidadá e de Comercio, até o de agora pendentes de Alcaldía.
• En materia de Seguridade Cidadá: tramitación e resolución de expedientes sobre licenzas para a entrada de vehículos; reserva de estacionamento para carga e descarga de mercadorías de calquera clase na vía pública, así como a modificación de esta, a súa transmisión, renuncia e revogación; e expedientes de devolución de fianzas constituídas en materia de vaos.
• En materia de Comercio: concesión de autorizacións de uso común especial normal ou ocupación das vías públicas, así como réxime sancionador e a declaración da súa caducidade nos seguintes supostos: Instalación de mesas, veladores, cadeiras, sombrillas, xardineiras, mamparas ou calquera outro tipo de separador para uso hostaleiro; incoación, concesión ou revogación de autorizacións para a venda ambulante (agás as que estean vinculadas á celebración de festas organizadas ou coorganizadas polo Concello e ás festas dos barrios de Ourense); adopción de medidas cautelares; exercicio da potestade sancionadora pola venta na vía pública fóra de establecementos comerciais permanentes; concesión de autorizacións de postos de venda nos mercados municipais: Praza de Abastos nº 1 e Praza de Abastos nº 2; publicidade en Mupis na vía pública; concesión de calquera tipo de licenza, salvo que a lexislación sectorial lla atribúa expresamente a outro órgano; concesión de autorizacións para actividades varias que impliquen a ocupación temporal de dominio público (mesas informativas, actividades recreativas e artísticas temporais na vía pública, actividades promocionais e outras de semellante natureza).

Deja un comentario