Sábado 01 de Outubro de 2022

O Concello garante a limpeza dos centros educativos para o novo curso escolar


Unha nova empresa limpará desde mañá os centros, asumindo ás traballadoras que xa prestaban o servizo.

 

O Concello de Ourense garante a limpeza dos colexios para o novo curso 2019-2020, que a semana próxima comezará nos centros educativos da cidade. Desde mañá, unha nova empresa prestará este servizo esencial para o correcto desenvolvemento do curso escolar, logo de que a día 1 de setembro rematase o contrato vixente coa empresa que viña prestando o servizo, e de que esta lle comunicase ao Concello a súa intención de non seguir a prestalo.

Diante da necesidade de garantizar un servizo coma este, básico para o novo curso escolar, a Concellería de Educación do Concello de Ourense contrata a empresa que quedara en segundo lugar no concurso de adxudicación do contrato. Así, desde mañá xoves, encargarase de limpar os centros eductaivos, contando ademais coas traballadoras que até o de agora viñan facéndoo.

Esta situación prolongarase até que o Concello adxudique un novo contrato mediante un concurso.

Deja una respuesta