Venres 15 de Novembro de 2019

O Plan de limpeza intensiva dos barrios chega mañá ás rúas Estreita e Ponte Pelamios, As Camelias e Carriarico


 

O estacionamento estará restrinxido para limpar beirarrúas, calzadas, zonas peonís e demais espazos públicos.

O plan de limpeza intensiva dos barrios que desenvolven o Concello de Ourense e a empresa concesionaria Ecourense chegará mañá, mércores, día 21 de agosto, ao barrio das Camelias, con intervencións nas rúas Estreita, Ponte Pelamios, segundo tramo da rúa Carriarico, desde a rúa Aturuxo até a Avenida de Portugal, e no primeiro tramo das Camelias, desde a rúa Aturuxo até Ponte Codesal.

Durante dúas xornadas, desde as 23:00 horas de mañá até as 13:00 horas de pasado mañá desenvolveranse accións de limpeza de beirarrúas, bordos, calzadas, alcorques, recollida de residuos, parques, zonas verdes, peonís, de xogos e demais espazos públicos. Tamén se traballará na limpeza de sumidoiros e enreixados e eliminación de pintadas, cartelería, adhesivos, etc.

O Concello de Ourense e a empresa Ecourense solicita a colaboración da veciñanza, e roga que desculpe as molestias que poidan ocasionar os traballos, que requirirán que as rúas afectadas teñan o estacionamento restrinxido nestas xornadas.

O Plan de limpeza intensiva dos barrios da cidade continuará a semana próxima (mércores, 28 de agosto), no segundo tramo da rúa das Camelias (até a Avenida de Portugal), as rúas Gaiteiro, Fiadeiro e Zanfona e a Praza do Magosto.

Deja un comentario