Luns 19 de Agosto de 2019

O tenente de alcalde, Jorge Pumar, asumirá a alcaldía de Ourense en funcións até o 2 de agosto


 

 

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o oficial maior, asinaron o decreto para delegar temporalmente as funcións da Alcaldía no tenente de alcalde, Jorge Pumar Tesouro, desde mañá día 31 de xullo ao 2 de agosto de 2019, ambos os dous incluídos, conferíndolle a todas as atribucións propias do cargo segundo a normativa legal vixente.

Deste decreto daráselle conta ao Pleno e á Xunta de Goberno local na primeira sesión que teña lugar e publicarase no Boletin Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Ourense e da Casa do Concello, sen prexuízo da súa efectividade dende o mesmo día da súa sinatura.

Deja un comentario