Martes 12 de Novembro de 2019

O Concello de Ourense solicítalle ao Consello Social da Universidade de Vigo que implante, en exclusiva, o máster en Enxeñería Aeronáutica no campus da nosa cidade


Os voceiros dos diferentes grupos políticos representados no Concello de Ourense asinaron un manifesto conxunto para que sexa tratado no pleno do Consello Social da Universidade, que se celebra mañá

Os voceiros dos grupos políticos municipais asinaron esta mañá, unanimemente, un manifesto dirixido ao Consello Social da Universidade de Vigo para implantar, en exclusividade, o máster de Enxeñería Aeronáutica na nosa cidade. O manifesto, dirixido ao presidente do Consello, Ernesto Pedrosa, quere formar parte da acta do pleno do Consello Social, que se celebra mañá martes, 30 de xullo. O texto di así:
Ante a premura que require a situación exposta neste escrito, os grupos políticos da corporación municipal de Ourense (PP, DO, BNG, Ciudadanos e PsdeG-PSOE) realizan a seguinte declaración.
Hoxe, día 29 de xullo de 2019, reúnese o Consello de Goberno da Universidade de Vigo para tratar a aprobación das memorias do plan de estiudos do Máster en Enxeñería Aeronáutica para a súa tramitación á Xunta de Galicia. De ser aprobado, o pleno do Consello Social deberá pronunciarse sobre a mesma na súa reunión do 30 de xullo.
O Consello Social é o órgano de participación da sociedade na universidade. Por iso, os grupos políticos nomeados anteriormente e con representación no Concello de Ourense dirixímonos ao devandito órgano para facer chegar ao seu pleno o desexo de que o Reitorado da Universidade de Vigo, na súa obriga de defender os intereses do seu territorio de influencia, neste caso o Campus de Ourense, consiga que o Máster en Enxeñería Aeronáutica sexa implantado con carácter exclusivo no único centro universitario galego especializado en Enxeñería Aeronáutico, como é a Escola de Enxeñería Aeronáutica do Espazo do Campus de Ourense da Universidade de Vigo.
Solicitamos así que esta declaración institucional dos grupos políticos que representan a Corporación do Concello de Ourense sexa tida en conta e asumida polo pleno do Consello Social da Universidade de Vigo e que se adxunte á acta da súa reunión do 30 de xullo de 2019.
Asinaron o documento Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense (DO), Rafael Rodríguez Villarino (PsdeG-Psoe), Ana Morenza (PP), Luís Seara Fernández (BNG) e José Araújo Fernández (C’s).

Deja un comentario