Domingo 09 de Decembro de 2018

Clausura do Programa Integrado para o Emprego “Ribeiro do Miño”


A xornada constou de 2 partes: Na primeira delas distintos emprendedores deron a coñecer a súa experiencia de autoemprego no rural aos alunos participantes no programa integrado de emprego .A partires das 12:00 horas procedeuse á clausura da xornada e os alcaldes de Castrelo de Miño, Cenlle e Toén, fixeron entrega a todos os alunos dos diplomas de todos os cursos e actividades formativas que levan realizados desde o inicio do Programa Integrado de Emprego hai 3 meses. Entre outros: Curso de Peón Forestal, Aplicador de Productos Fitosanitarios, Curso de Prevención de Riscos Laborais, Curso de Manexo de Carretillas Elevadoras, Curso de Habilidades Sociais, Curso de Novas Tecnoloxías, Curso de Búsqueda Activa de Emprego

Deja un comentario