Luns 19 de Agosto de 2019

A Xunta colabora co concello de Piñor para levar a cabo melloras no alumeado público e na pavimentación de camiños


A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitaron esta mañá as actuacións levadas a cabo neste concello

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitaron esta mañá as actuacións levadas a cabo no concello de Piñor grazas ás axudas da Vicepresidencia.

Concretamente, este ano o concello ourensán recibiu máis de 36.000 euros, dos cales 2.462 € son para o proxecto de mellora da rede de luz pública nos lugares de Arenteiriño e A Folgosa, da liña non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental; e 33.600 € para a pavimentación de camiños públicos, correspondentes á Orde de Infraestruturas de uso público.

Durante a súa visita, Marta Fernández-Tapias,destacou a importancia da colaboración entre a administración autonómica e a local, que é a mellor coñecedora das necesidades e demandas da veciñanza, xa que grazas a estas axudas, os concellos galegos levan a cabo actuacións que repercuten en melloras directas para o día a día dos cidadáns e que non se poderían levar a cabo en moitas ocasións se non fose pola colaboración entre Xunta e concellos.

Deja un comentario