Luns 19 de Agosto de 2019

Manuel Baltar e o presidente dos construtores de Ourense analizan proxectos de servizos, infraestruturas e investimentos na provincia


 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, entrevistouse hoxe no Pazo Provincial co presidente da Asociación de Construtores de Ourense, Santiago Ferreiro, para falar das perspectivas deste mandato e tendo en conta a relación de cooperación que veñen mantendo a institución provincial e a Asociación de Construtores, que permitiu dar a coñecer proxectos tan novidosos e pioneiros como o “Xeovivenda”, referido a análise da vivenda e a poboación na provincia de Ourense, e que está a disposición dos usuarios na páxina web da institución provincial. Baltar valorou, asemade, a importancia da colaboración entre ámbalas dúas entidades en iniciativas como o proxecto “Xeoestrada”, “que se fará público antes de que remate este ano 2019 e que ofrecerá a máxima información posible sobre as vías de comunicación da provincia de Ourense, dentro desa estratexia de transparencia e de compartir datos cos veciños, que fan desta administración un referente neste ámbito”, expresou o presidente do goberno provincial.

Manuel Baltar anunciou tamén que Santiago Ferreiro formará parte neste mandato do Consello Reitor do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), organismo autónomo da Deputación de Ourense, e analizou co presidente dos construtores temas referidos ás infraestruturas e outros temas de interese para a asociación que Ferreiro representa, e tamén o panorama de investimentos para os próximos anos das administracións, Central do Estado, Autonómica e Local e por suposto a Provincial, dentro do territorio de Ourense.

Deja un comentario