Luns 19 de Agosto de 2019

Reunión de Manuel Baltar coa directora adxunta Expourense


 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial á directora adxunta da Fundación Feiras e Exposicións de Ourense “Expourense”, Emma González, con quen analizou os proxectos conxuntos nos que están a colaborar ámbalas dúas entidades, con especial relevancia á 19ª edición de Termatalia, a Feira Internacional de Turismo Termal, que se celebra este ano en Ourense, do 17 ao 21 de setembro, un certame que, logo do éxito acadado na última edición celebrada en Brasil, reforzará o seu carácter de “ponte termal” entre Europa, Asia e América, sendo un dos centros de negocio máis importantes do mundo no sector do termalismo, reunindo a profesionais de máis de 30 países.

O presidente da Deputación destacou a relevancia que este ano terá especialmente Termatalia, co protagonismo que a provincia de Ourense acada coa Presidencia, por parte de Manuel Baltar, da rede termal europea (EHTTA), asociación que agrupa a 51 sitios termais de 17 nacións europeas e terá un novo impulso desde Ourense e co novo grupo directivo liderado por Baltar, que tomará posesión dos seus cargos na asemblea xeral que a EHTTA celebrará en outubro en Spa (Bélxica).

Deja un comentario