Martes 12 de Novembro de 2019

O Concello implantará un departamento de atención ás persoas maiores que vivan soas nos seus fogares


O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, considera fundamental ter un rexistro destas persoas e pór en marcha medidas para evitar desenlaces tráxicos e mortes que pasen inadvertidas

O Concello de Ourense quere implantar un departamento de atención ás persoas maiores que viven en soidade nos seus fogares, para o que tamén se procederá a elaborar un censo das persoas que se atopan nesta situación na cidade. Ademais, tomaranse as medidas necesarias para prestar unha atención que ten como obxectivo evitar as mortes na soidade. Así o puxo de manifesto hoxe o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, despois de coñecer a tráxica noticia de que un veciño da cidade de 77 años levaba meses morto no seu domicilio.
“Isto non pode volver acontecer”, sentenciou o alcalde, polo que de xeito inmediato se levarán a cabo todas as xestións necesarias para a posta en marcha dun sistema que permita ter controladas a todas as persoas maiores que vivan soas nos seus domicilio. “É fundamental”, apuntaba Pérez Jácome, “contar cun rexistro”.
En canto ás medidas a implantar, a primeira será a posta en funcionamento dun telefono ao que poidan chamar todas estas persoas se teñen algún tipo de problema -independentemente do seguimento, cada dous ou tres días, que poida facer este novo departamento para coñecer se houbo algún tipo de incidencia-, e evitar que se produzan pasamentos inadvertidos. Esta medida quere, igualmente, chegar onde non o fan os coidadores dos maiores que, de habelos, xeralmente pertencen ao entorno familiar.
Para o alcalde é unha “autentica prioridade coidar dos nosos maiores”, dixo, á vez que amosou o seu fondo pesar polo acaecido coa morte deste veciño, cuxo corpo permaneceu varios meses na súa vivenda. Para o rexedor, o novo goberno municipal ten que dar una resposta “inmediata” e, sobre todo, efectiva”, sendo prioritario contar cun rexistro de todas as persoas maiores que viven soas.
“É unha tarefa e unha responsabilidade á que temos que facerlle fronte, sen lugar a dúbidas”, afirmou, ao tempo que “asumo e comprométome a darlle unha resposta inmediata”.

Deja un comentario