
A choiva caída esta tarde na cidade de Ourense provocu diferentes incidencias na cidade, que afectaron ao normal desenvolvemento do tráfico e provocaron, ademais, a caída de varias árbores. O concelleiro de Infraestruturas, Miguel Caride, estivo ao tanto de todas as incidencias e en permantente contacto con Viaqua. As seguintes son as incidencias máis importantes recollidas pola Policía Local e polos Bombeiros:
17:00 horas. Corte de Pardo de Cela en Praza Concepción Arenal por rebentón da rede de sumidoiros debido á presión da auga. Asfalt afectado. Córtase o acceso cara ao Pavillón dos Remedios.
17:05 horas. Caída de árbores na Avda.de Marín e Eulogio Gómez Franqueira.
17:10 horas. Comezan a saltar tapas de sumidoiros en varias zonas da cidade. Unha soa patrulla da Policía Local chegou a repoñer 15.
17:28 horas. Por seguridade, suspéndese o servizo de tren turístico.
17:30 horas. Inúndase a Avda. Castelao e córtase o tramo que discorre entre o Campus de Ourense e o Instituto das Lagoas.
17:40 horas. Varios contenedores desprazados polo vento e repostos por Ecourense.
18:15 horas. Cae unha árbore na rúa Río Ávia, sen danos persoais. Os bombeiros acoden a cortar as pólas.
18:32 horas. Árbore caída na N-120. Sen consecuencias.
18:46 horas. Aviso por inundación nunha ferretería da Avda. de Santiago. Baixo a glorieta de Ervedelo fórmase unha grande balsa de auga. A Policía Local regula o tráfico na zona desde as 19:00 horas até as 19:45 horas, cando os Bombeiros logran desatascar os sumidoiros.
Desde as primeiras incidencias até esa hora, 27 chamadas á Policía Local por incidentes diversos, sen contar as repetidas polos mesmos feitos: sumidoiros, anegamentos, contedores movidos, árbores caídas e dificultades co tráfico.
19:00 horas. Accidente de tráfico con feridos de escasa consideración en Camiño de Mende 44.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.