Mércores 16 de Outubro de 2019

O Concello abre o prazo para solicitar axudas á rehabilitación de edificios e vivendas nas 4 áreas de renovación urbana


Destinará 1,5 millóns de euros e proxectos no centro histórico, Seixalbo, Polvorín-Camelias-Carballeira e San Mamede-Cruceiro Quebrado-Inmaculada

 

O Concello de Ourense abre desde mañá, sábado, día 13 de xullo o prazo para solicitar subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas nas Áreas de Rexeneración e renovación urbanas (ARRU) do Concello de Ourense: centro histórico, núcleo etnográfico de Seixalbo, O Polvorín-As Camelias-A Carballeira, e Serra San Mamede-Cruceiro Quebrado-Inmaculada.

As persoas interesadas poden consultar no Boletín Oficial da Provincia de hoxe, 12 de xullo, e na páxina web do Concello www.ourense.gal as bases e obter os formularios para solicitar as axudas- O prazo para presentar as solicitudes estará aberto até o día 13 de xullo do ano 2020.

O programa de subvencións conta cun orzamento total de 1.548.825,39 euros.

As axudas darán apoio a intervencións de rehabilitación de edificios e vivendas que se desenvolvan nas áreas de rehabilitación do centro histórico (16ª fase, cun orzamento de 350.825,39 euros), O Polvorín, Camelias, A Carballeira (5º fase, 910.000 euros), Seixalbo (11ª fase, 108.000 euros) e San Mamede-Cruceiro Quebrado (3º fase, 180.000 euros).

As axudas xorden dos acordos ca comisión bilateral, asinados o 29 de outubro de 2018 polo Ministerio de Fomento, o Instituto Galego de Vivenda e Solo e o Concello de Ourense para o financiamento de distintas áreas de rexeneración e renovación urbanas (ARRU, anteriormente denominadas ARI) declaradas no termo municipal.

Deja un comentario