Mércores 16 de Outubro de 2019

O barrio da Ponte terá finalmente as súas festas


 

Unha xuntanza promovida polo alcalde permite desbloquear a celebración ao superarse as discrepancias entre comisión organizadora e asociación veciñal

O barrio da Ponte terá finalmente festas este ano. O alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, mantivo esta mañá unha xuntanza na Alcaldía con responsables da comisión organizadora das festas e a asociación veciñal coa finalidade de superar as discrepancias entre asociación veciñal e comisión que puxeran en perigo a realización das tradicionais festas. Desta reunión saiu a confirmación de que as festas finalmente se celebrarán este ano, na súa data habitual, organizadas pola comisión coa colaboración da asociación veciñal e do propio Concello.

Deja un comentario