Venres 19 de Xullo de 2019

O Consello Municipal de Deportes constitúe o seu Consello Reitor, como órgano supremo responsable do seu goberno e xestión


 

Está presidido polo concelleiro de Deportes, Mario Guede e representantes de todos os grupos políticos municipais

 

Esta mañá no salón de plenos do Concello tivo lugar a sesión constitutiva do Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes, órgano supremo responsable do goberno e xestión do consello municipal. Está presidido polo concelleiro de Deportes, Mario Guede e 8 vogais en representación dos grupos políticos municipais: 2 de DO, 2 de PP, 2 de PSOE, 1 de BNG e 1 de Ciudadanos. Tamén forman parte do consello con voz aínda que sen voto o xerente, o administrador, o titular do Órgano de Apoio da Xunta de Goberno Local e o interventor do Concello.

Con esta sesión constitutiva bota a andar o Consello Municipal de Deportes, despois da paréntese electoral, só repetindo dous concelleiros dos que conformaban o Consello Reitor na anterior corporación.

Entre os cometidos deste órgano colexiado están a xestión das instalacións deportivas municipais; tanto do seu mantemento como da súa cesión a clubes e asociacións deportivas. Entre ellas, as 5 piscinas actualmente en funcionamento: dúas cllimatizadas, abertas practicamente todo o ano, a piscina Pedro Escudero de 25 metros e a olímpica Rosario Dueñas, referente galego nos deportes acuáticos, e as exteriores: Os Remedios e as 2 de Oira, de tipo estival que supoñen un verdadeiro refresco nos meses de verán para tódolos veciños, como ocorre nestes días.

Entre os seus cometidos tamén está efectuar convenios con outras administracións, e centros educativos para poñer a disposición das asociacións deportivas, instalacións e equipamentos para adestramentos e competicións, conceder axudas a entes deportivos para eventos e gastos de funcionamento, prestándolle especial atención ao deporte de base, feminino e de competición, ou organizar algúns dos eventos máis tradicionais da cidade como Carreira Popular do San Martiño e o Descenso do Miño de pirauguismo.

O consello reitor tamén se encarga de proxectar e xestionar ben co orzamento propio, ben a través de convenios a mellora das instalacións existentes. Este é o caso do investimento de 2.000.000€ que efectuará a Xunta de Galicia na reforma do Pavillón dos Remedios, ou a modificación de crédito efectuada polo Consello Municipal de Deportes do seu remanente para movilizar 800.000€ en inversións. Entre elas as máis destacables son: a reforma de campo de fútbol de Vilar de Astrés, que inclúe herba sintética de última xeración e gradas; ou a substitución da cuberta do Polideportivo do Campo da Feira. Pendentes estas modificacións de crédito, da aprobación da liquidación orzamentaria do Concello.

Para lograr estes obxectivos o Consello Municipal de Deportes conta ccun persoal propio entregado a estas tarefas. Sempre na procura de dar a maior accesibilidade posible ao deporte e actividade física, para as veciñas e veciños da nosa cidade.

Deja un comentario