Venres 19 de Xullo de 2019

O Concello pídelles á Asociación de veciños e á comisión de festas que resolvan as diferencias para que se podan celebrar os festexos da Ponte


 

O concelleiro de Cultura subliña a disposición para que poda chegar a un acordo, xa que do contrario non sae poderan celebrar

O concelleiro de Cultura, Mario Gonzalez, amosou hoxe a sua preocupación ante a posibilidade de que as festas do barrio da Ponte finalmente non se poidan celebrar. É por elo que pídelles tanto á asociación de vecinos como á comisión de festas que resolvan as diferencias que existen, e que teñen bloqueada a súa celebración, e dese xeito se podan celebrar os festexos con toda normalidade.

Tamén fixo referencia a que por parte do Concello “non se pode asumir a organzación das festas, coma se chegou a plantexar”, xa que “é legalmente imposible”, polo que de novo apela ao “entendemento entre as dúas partes”, xa que de manterse esa situación os únicos perxudicados son os pontinos, así como os ourensáns en xeral e os visitantes que por estas datas acuden ao populoso barrio da cidade.

Mario González lamenta que as diferentes xestións realizadas dende a área de Cultura para poder buscar unha solución ao problema non fructificasen, o que leva consigo que por parte do Concello non se poida activar todo o procedemento administrativo regrado para este tipo de eventos festivos.

Deja un comentario