Mércores 18 de Setembro de 2019

Constitución da xunta de goberno do mandato 2019-2023 na Deputación de Ourense


 

Manuel Baltar afirma que esta etapa de xestión institucional que vimos de comezar «estará caracterizada polo diálogo e o entendemento, para achegar entre todos as mellores solucións aos problemas dos veciños e dos concellos, coa palabra «Ourense» no cumio».
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presidiu hoxe a reunión constitutiva da xunta de goberno do mandato 2019-2023, xuntanza que tivo lugar na sala de xuntas do Pazo Provincial e na que o presidente e o equipo de goberno analizaron as liñas xerais do que serán os vindeiros catro anos de xestión administrativa, servizos e proxectos na Deputación de Ourense. O plan de mandato «Ourense 7273» de Manuel Baltar será a folla de ruta, xunto con novas iniciativas que se irán incorporando no goberno de coalición entre Partido Popular e Democracia Ourensana. A xunta de goberno está integrada polos deputados: Manuel Baltar (presidente), Rosendo Fernández, Jorge Pumar, Plácido Álvarez, Armando Ojea, Ana Villarino, Luz Doporto, Pablo Pérez e César Fernández.O presidente do goberno provincial salientou ao remate da reunión que este mandato «estará caracterizado polo diálogo e o entendemento, para achegar entre todos as mellores solucións aos problemas dos veciños e dos concellos, coa palabra «Ourense» no cumio desta ilusionante etapa de xestión institucional que vimos de comezar», afirma Baltar.Por parte da Presidencia deuse conta dunha declaración institucional da xunta de goberno en relación coas tormentas e riadas do pasado 8 de xullo, na que se fai constar: lamentar profundamente os danos persoais e materiais sufridos polos veciños afectados nas comarcas de Monterrei e Valdeorras; poñer a disposición dos afectados os servizos técnicos do Inorde para que valoren os danos sufridos nestas comarcas; poñer a disposición dos veciños afectados os medios materiais e humanos do Consorcio Provincial de Incendios e do Parque de Maquinaria da Deputación de Ourense; e, de conformidade coas valoracións que se obteñan, estudar a posibilidade de solicitarlle ao Goberno a declaración de zona catastrófica para ambas comarcas afectadas.

Deja un comentario