Venres 19 de Xullo de 2019

O alcalde lémbralle a Villarino que as crises do goberno do PSOE e a corrupción levaron á actual situación do Concello


 

Gonzalo Jácome subliña o compartamento etico das edís de DO que renunciaron fronte ao que mantiveron no pasado os socialistas que seguiron no cargo para “destruír a cidade”

 

O alcalde de Ourense, Gonzálo Pérez Jácome, amosou no día de hoxe a súa perplexidade polas acusacións do voceiro socialista, Rafael Rodríguez Villariño, relacionadas coa crise no goberno municipal despois de pouco máis de vinte días. O rexedor lémbralle a Villarino que debe ser consciente de que os socialistas “son especialistas en materia de crises”, que ademais “estiveron salpicadas pola corrupción e foron as causas da deriva na que entrou o Concello de Ourense”.

Pérez Jácome pon tamén de manifesto o compartamento ético das dúas edís de Democracia Ourensana ao presentar a súa renuncia, fronte á actitude que tiveron os socialistas no seu momento, ao mantenerse nos seus cargos sen importarlles os danos que causaron. Por iso recoméndalle a Villarino que repase a historia recente da vida municipal cando os socialistas gobernaban a cidade, “non fai tanto tempo, cun executivo dividido: seis concelleiros, afíns a un alcalde que tivo que dimitir pola súa implicación na operación “Pokémon”, mentras que os outros cinco dos once cos que contaban, foron laminados” dun xeito pouco democrático”. “Iso si que foi unha crise destructiva”, sentencia o rexedor, que por aquel entonces estaba na oposición e denunciou todo tipo de “irregularidades”, esas que “parece ter esquecido” o novo voceiro socialista.

Pero alén de entrar en confrontacións, “que é o que persegue Villarino”, o alcalde márcase como obxextivo a curto prazo pasar páxina desa “historia negra” que escribiu o PSOE, e polo que se ve non se quere recoñecer por un “candidato froito da guerra interna” que levou á dimisión do anterior voceiro, Vázquez Barquero, e doutros membros do partido.

Gonzalo Pérez Jácome trasládalle á cidadanía que o seu compromiso non é outro que “transformar a cidade”, mellorar os servizos e que Ourense “sexa una cidade para vivir”, algo que parece “non acaba de ver Villarino, máis interesado en seguir con ese discurso do rancor xerado polo estrepitoso fracaso negociador, que lle leva a non asumir a súa situación actual, a de xefe da oposición”.

Deja un comentario