Venres 13 de Decembro de 2019

La Molinera acollerá o xoves a proxección do documental “Teide, o xigante durmido”, de Pedro Felipe Acosta


 

O Centro municipal de coñecemento e innovación La Molinera acollerá pasado mañá, xoves, día 11 de xullo a proxección de “Teide, o xigante durmido”. Trátase dun documental de trinta minutos de duración dirixido por Pedro Felipe Acosta, un dos mellores documentalistas de natureza en España, coa produción executiva do Instituto Volcanolóxico de Canarias (INVOLCAN). A película verase na Molinera no marco do proxecto internacional GeoAtlantic, que lidera o Concello de Ourense. A proxección será ás 12:00 horas no centro municipal, sito na rúa Abrevadoiro. As persoas interesadas poden obter máis información e inscribirse por correo electrónico en info@geoatlantic.eu

Deja un comentario