Mércores 18 de Setembro de 2019

Baltar salienta «o compromiso coa solidariedade e coa historia de Ourense que supón Museo do Médico Rural», inaugurado hoxe en Maceda


 

No acto, celebrado na Casa do Concello deste municipio, participou tamén o presidente do Parlamento, Miguel Santalices, o alcalde de Maceda, Rubén Quintas; o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e o creador do museo, José Manuel Lage Parente
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, salientou hoxe en Maceda, no acto inaugural do Museo do Médico Rural que a apertura deste pioneiro espazo expositivo supón «un compromiso coa solidariedade e coa historia da provincia de Ourense». O presidente do goberno provincial salientou «a homenaxe ás nosas orixes e ás nosas xentes que se destaca en cada actividade que pon en valor a nosa cultura, as nosas tradicións e de maneira moi salientable labores como o a que desenvolveron os médicos do rural, aos que rendemos unha homenaxe permanente coa apertura deste museo, recoñecendo así a unha profesión que tivo moita incidencia no medio rural».O Museo do Médico Rural, que conta co apoio da Deputación de Ourense, está situado na planta baixa da Casa do Concello de Maceda e se estrutura en nove salas temáticas nas que se expón material médico orixinal, desde principios do século pasado ata os nosos días. A mostra fai un percorrido polo labor levado a cabo por médicos, farmacéuticos e boticarios que traballaron e traballan estreitamente en favor da poboación, e que en tempos pasados foro verdadeiros artesán dos seus oficios, ademais de salientar a gran labor social que fixeron en zonas rurais.No acto, celebrado esta tarde na Casa do Concello coa presenza de máis dun cento de persoas, participaron, ademais de Manuel Baltar, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, o alcalde de Maceda, Rubén Quintas; o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e o creador do museo, José Manuel Lage Parente.O museo alberga máis de 2.000 pezas, principalmente dos anos 20 e 30 do século pasado, entre as que se atopan materiais de consultas médicas, aparatos de electroloxía e radioloxía, e diversos enseres de laboratorio, instrumental e mobiliario.

Deja un comentario