Xoves 12 de Decembro de 2019

Jorge Pumar propón que o Eixo Atlántico sexa axente clave para axudar aos concellos a captar fondos europeos


O tenene de alcalde participou este mediodía na comisión executiva do Eixo Atlántico, celebrada en Braga

O tenente de alcalde do Concello de Ourense, Jorge Pumar, representou á cidade este mediodía na xuntanza da comisión executiva do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, que se celebrou na cidade portuguesa de Braga. A xuntanza contou coa participación de representantes dos diferentes concellos que integran esta asociación, entre eles o alcalde de Braga, Ricardo Rio, o presidente do Eixo Atlántico e alcalde do Barco, Alfredo García, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, o concelleiro de Comercio de Lugo, Miguel Fernández, a vicepresidenta da Cámara de Guimarães, Adelina Pinto, xunto co secretario do Eixo Xoán Vázquez Mao.

No transcurso da xuntanza, o tenente de alcalde do Concello de Ourense, Jorge Pumar, propuxo que o Eixo Atlántico sexa o axente clave para axudar aos concellos a preparar a captación de fondos europeos do próximo período do programa de axudas da UE. Unha proposta que foi aplaudida por todos os asistentes á comisión.

Na mesma sesión, os membros do comité avanzaron na planificación e fixación de datas das próximas xuntanzas do comité executivo e da asamblea do Eixo Atlántico así como o período das eleccións que se celebrarán en 2020 nesta organización sen ánimo de lucro que se dedica a apoiar aquelas inicitativas que fomenten a cooperación transfronteiriza, e que está formada por un total de 35 entidades de Galicia e o Norte de Portugal

Ao remate da comisión executiva tivo lugar a inauguración dos XIII Xogos do Eixo Atlántico, evento deportivo que se desenvolve en Braga até o día 12 de xullo, coa participación de 1.800 deportistas de menos de 16 anos, procedentes de 12 municipios galegos, entre eles Ourense, e outros 14 portugueses, que se incribiron nas diferentes modalidades deportivas incluídas na competición: Balonmán, Baloncesto, Fútbol 7, Voleibol, Atletismo, Atletismo Adaptado. Natación, Natación Adaptada e Tenis.

Deja un comentario