Xoves 12 de Decembro de 2019

O goberno municipal dará solucións ante o perigo de corte de subministro eléctrico por débedas coa subministradora


 

O goberno municipal dará unha solución ante o risco de corte de subministración eléctrica ao Concello de Ourense pola existencia de débedas coa empresa subministradora. O alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome e o concelleiro de Infraestruturas, Miguel Caride mantiveron unha xuntanza esta mañá tras ter coñecemento o edil de que o Concello ten recibido ata 4 avisos de corte da subministración eléctrica a causa de débedas contraídas coa empresa subministradora, que ascenden a 1,2 millóns de euros, correspondentes a servizos prestados nos exercicios pasados.

Tras coñecer esta situación, o goberno municipal buscará solucións para axilizar o pago das débedas que no seu caso existan e non poñer en perigo a subministración eléctrica ao Concello.

Deja un comentario