Luns 03 de Agosto de 2020

A concelleira Ana Isabel Rebanales abandonará a Corporación por motivos persoais


 

A concelleira de Democracia Ourensá, Ana Isabel Rebanales Rdez., presentou a súa renuncia á acta de concelleira e o seu cargo de concelleira no concello de Ourense, debido a discrepancias internas de organización, estritamente de estratexia profesional concernente á concellería que dirixía.

Democracia Ourensá considera a Ana Isabel Rebanales uno dos valores máis importantes en DO, e sempre contará con ela para o futuro do partido pola súa alta capacidade e competencia, tanto política como profesional (mesmo como posible persoal de confianza en calquera momento ou lugar); de feito DO sempre confiou en Ana Isabel, de feito xa fora candidata ao parlamento de Galicia en 2016 por DO. Con todo as diverxencias e puntos distintos de vista sobre como encarar este mandato ao mando da concellería de comercio e seguridade cidadá, foron factores decisivos para que Ana Isabel decidise non continuar á fronte do equipo, o cal DO lamenta profundamente pola súa enorme valía.

Deja una respuesta