Xoves 12 de Decembro de 2019

O tenente de alcalde Jorge Pumar representará a Ourense na comisión executiva do Eixo Atlántico


 

 

O tenente de alcalde do Concello de Ourense, Jorge Pumar, representará á cidade o luns, 8 de xullo na comisión executiva do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, que se celebrará na cidade portuguesa de Braga ás 14:00 horas de España, 13:00 (hora local).

O tenente de alcalde asiste ao encontro no que se tratarán importantes asuntos relacionados coa eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e a propia organización, un organismo sen ánimo de licro que se dedica a apoiar aquelas inicitativas que fomenten a cooperación transfronteiriza, e que está formada por un total de 35 entidades de Galicia e o Norte de Portugal

Así, na orde do día da sesión do luns figuran o informe do presidente do Eixo Atlántico, Alfredo García, a exposición do Informe de situación das infraestruturas, o informe do secretario xeral da entidade, Xoán Vázquez Mao, os informes tramontanos, a sede, a data e a personalidade a convocar á vindeira Asemblea Xeral, que se desenvolverá o próximo ano 2020. Tamén se abordará no encontro o proceso de elección do novo presidente do Eixo Atlántico, as solicitudes de novas incorporacións, e os rogos e preguntas que plantexen os asistentestes.

Ao remate da comisión executiva terá lugar a inauguración dos XIII Xogos do Eixo Atlántico, ás 17:30 horas española. O evento, deportivo que se desenvolverá en Braga até o día 12 de xullo, contará coa participación de 1.800 deportistas de menos de 16 anos, procedentes de 12 municipios galegos, entre eles Ourense, e outros 14 portugueses, que se incribiron nas diferentes modalidades deportivas incluídas na competición: Balonmán, Baloncesto, Fútbol 7, Voleibol, Atletismo, Atletismo Adaptado. Natación, Natación Adaptada e Tenis.

Deja un comentario