Venres 13 de Decembro de 2019

María del Rosario López Sanchez, gañadora do XXXV Premio de Poesía Cidade de Ourense


 

O seu poemario foi elixido por unanimidade do xurado dun certame ao que concurriron 49 autores e autoras de Galicia e de Portugal

 

María del Rosario López Sanchez é a gañadora do XXXV Premio de Poesía Cidade de Ourense. O xurado, reunido esta mañá no Auditorio, seleccionou o seu poemario entre os presentados por un total de 49 participantes provintes de Galicia e de Portugal. Baixo o título «Álbum», Charo López Sánchez presentou un poemario do cal o xurado destacou a súa claridade nítida. A obra -subliñou- ofrece unha estética clara e coherente onde na súa lectura, un vaise imaxinando as imaxes que recrea. En canto os temas tratados, salientan o autocuestionamento moi sincero da propia vida e da ética.

O xurado elixiu esta obra por unanimidade e valorou moi positivamente a calidade de todas as persoas participantes.

Na elección deste XXXV Premio de Poesía Cidade de Ourense participaron:

Carlos da Aira (gañador da pasada edición).

Celia Pereira (activista cultural).

Rochi Nóvoa (poeta ourensá).

Mónica F. Valencia (Técnica de Normalización do Concello de Ourense).

O premio ten unha dotación económica de 6.000 euros e a publicación do publicación do libro

Deja un comentario