Sábado 07 de Decembro de 2019

Máxima cooperación, estabilidade e gobernos sólidos, definen o primeiro encontro institucional entre Manuel Baltar e Gonzalo Pérez Jácome


 

Na reunión celebrada no Pazo Provincial o presidente da Deputación e o alcalde de Ourense concordaron na importancia do comité de cooperación entre ámbalas dúas institucións –que celebrará unha reunión mensual- «para desenvolver proxectos transformadores de obras e infraestruturas, por parte de dúas administracións saneadas economicamente e en plena sintonía», expresou Baltar

Máxima cooperación, estabilidade e gobernos sólidos, son os argumentos que definen o primeiro encontro institucional entre Manuel Baltar e Gonzalo Pérez Jácome, celebrado  no Pazo Provincial de Ourense e no que o presidente da Deputación e o alcalde de Ourense concordaron na importancia do comité de cooperación entre ámbalas dúas institucións –que celebrará unha reunión mensual- «para desenvolver proxectos transformadores de obras e infraestruturas, por parte de dúas administracións saneadas economicamente e en plena sintonía», expresou Baltar.Pola súa banda, Pérez Jácome destacou que hoxe «se abre un novo día e unha nova vía de cooperación que vai a fortalecer á cidade e á provincia con investimentos que non había no pasado», salientando entre outros proxectos o do parque acuático, no que se estudarán as posibilidades de Monterrei e Untes, e o Centro de Intelixencia Artificial, «que vai cambiar o devir e a economía de Ourense», dixo o alcalde.Manuel Baltar, quen agradeceu a colaboración de alcalde de Ourense, remarcou que as palabras diálogo, colaboración e lealdade institucional «serán a folla de ruta deste mandato» e amosou a «colaboración absoluta por parte da Deputación de Ourense cos proxectos que o goberno da capital poña sobre a mesa, contando en ámbalas dúas institucións coa maioría absoluta necesaria para levar a cabo calquera iniciativa, tendo sempre a Ourense como fío condutor, para transformar a cidade e a provincia».Gonzalo Pérez Jácome afirmou que desta colaboración «se van ver beneficiados a capital e os concellos limítrofes, ademais do resto da provincia», e citou o parque acuático de Monterrei e tamén a posibilidade de estudar a construción doutra infraestrutura termal nas inmediacións de Untes, que sería o primeiro parque acuático termal de Europa, salientando que os dous proxectos poderían convivir. un para a tempada de verán o outro para todo o ano.Tamén agradeceu a confianza de Manuel Baltar e remarcou «o espaldarazo» que a Deputación de Ourense dará ao Centro de Intelixencia Artificial, ofrecendo as instalacións do Centro Provincial Intelixente -que a Deputación porá en marcha da man de Abanca para ofertar emprego tecnolóxico- para que poida acoller ao centenar de científicos que o alcalde de Ourense estima que terá, inicialmente, a súa proposta do Centro de Intelixencia Artificial, que prevé estar plenamente operativo en 2020.Jácome afirmou que con este centro de vangarda especializado en intelixencia artificial «poderíamos ser a primeira provincia en reverter a curva demográfica no sur de Europa», valorando así o fito que suporía ter en Ourense esta infraestrutura tecnolóxica.Baltar destacou que neste mandato «estamos en disposición de facer grandes cousas, que serán posible grazas a ter proxecto, vontade política, capacidade económica e sintonía con administracións como a Xunta de Galicia, e tendo en conta que as provincias imos ser receptoras e xestoras directas de fondos comunitarios», dixo o presidente, subliñando a importancia que terá a chegada do AVE, como pulo dinamizador.Baltar e Jácome acordaron que as reunións do comité de cooperación Deputación-Concello de Ourense terán, aló menos, unha periodicidade mensual, e que se celebrarán alternativamente nas sedes de ámbalas dúas institucións.

Deja un comentario