Venres 13 de Decembro de 2019

COMUNICADO ANTE OS COMENTARIOS DO SECRETARIO DO ALCALDE DE OURENSE, FÉLIX ÁLVAREZ.


 

A nova corporación municipal comezou o seu mandato negando unha concellería específica de Igualdade. Podemos Ourense levou por rexistro ao concello, o 27 de xuño, unha serie de cuestións importantes e urxentes que éste debe respostar, referente ao presuposto destinado para Ourense do pacto de Estado contra a Violencia machista.
A nova corporación a día de hoxe, non deu resposta a ningunha das cuestións sinaladas, e tampouco indicou en ningún momento a onde foi destinada está partida de cartos, partida que Ourense
precisa para traballar na erradicación das violencias machistas.
Ese mesmo día, Podemos Ourense tamén rexistrou un documento sobre a LGTBIfobia, e, outra vez, fixeron caso omiso deste documento e non levaron a cabo ningún dos puntos que Podemos Ourense esixía en materia LGTBIQ+ para a nosa cidade, e, agora, atopámonos coa nada disimulada homofobia de Félix Álvarez, nos
seus comentarios nas redes sociais.
Danos auténtico medo que está persoa esté a asesorar ao alcalde. Cómo unha persoa que pensa deste xeito pode estar de man dereita do alcalde da cidade. Por todo esto, consideramos insuficientes as desculpas do alcalde por estes comentarios e esiximos o cese inmediato do seu secretario.

Deja un comentario