Xoves 12 de Decembro de 2019

O alcalde insta ao voceiro do PSdeG a cesar primeiro os edís do seu grupo que votaron co PP nas mocións sobre a subvención da Praza de Abastos


 

“A subvención xa se perdeu e agora imos ver se a podemos conseguir”, asegurou Pérez Jácome

 

“A subvención xa se perdeu, e agora imos ver se a podemos conseguir, que é moi distinto”, asegurou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, esta mañá en relación ás obras de rehabilitación da Praza Aabastos.

En resposta ao voceiro do PsdeG-PSOE, Rafael Villarino, que solicitou dimisións de concelleiros do goberno municipal subliñou: “Consellos vendo, pero pra min non teño. Terá que pedir il primeiro as dimisións os concelleiros socialistas que votaron a favor do que pasou no seu día, cando se presentaron varias mocións en pleno sobre esta cuestión e tanto o PSOE como o PP votaron da man” para rexeitar unha proposta de Democracia Ourensana na que se advertía de que a subvención se podería ter perdido. “E aínda así foron para adiante, mantendo que se contaba coa subvención”.

“Vexo ben que Villarino pida esas dimisión pero antes de pedir na casa allea que se fagan cambios debería facelos na súa. Iso leva consigo que os concelleiros socialistas que votaron a favor naquel momento, como eran Javier Rey, Juana Ageitos e Concepción García, que seguen de concelleiros, o que ten que facer e cesalos” xa que foron “socios necesarios”. Ao xuízo de Pérez Jácome: “iso sería o coherente antes de pedir dimisión doutros”.

En relación á posibilidade de financiar a obra de rehabilitación da Praza de Abastos com fondos propios do Concello “será outro tema que se tratará polo goberno”, dixo, xa que “non vexo claro gastar maís de 5 millóns de euros para recibir un alugueiro de 2.500 euros o mes de canón. A ver que economista defende que iso é unha boa operación. A solución non é gastar máis de 5 millons de euros para que unhos comerciantes, xa que o resto de comerciantes da ciudade querran o mesmo. Pagar reformas con dinero público”, asegurou Gonzalo Jácome

Deja un comentario