Xoves 12 de Decembro de 2019

O alcalde destaca o “espaldarazo” do presidente da Deputación ao proxecto do Centro de Intelixencia Artificial en Ourense


 

 

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome puxo de manifesto hoxe o “espaldarazo” dado polo presidente da Deputación, Manuel Baltar, o proxecto do Centro de Intelixencia Artificial, cun compromiso firme e real, tanto no aspecto económico coma a dispoñibilidade da súa futura ubicación.
Foi ao remate do primeiro encontro oficial que mantiveron o presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, no Pazo Provincial, e na que tamén estiveron presentes o secretario da Xunta de Goberno Local e concelleiro de Infraestruturas, Miguel Caride, así coma o vicepresidente segundo da Deputación e concelleiro, Armando Ojea, cando se puxo de manifesto a “boa sintonía” que existe naqueles proxectos que suporán un pulo de futuro tanto para o concello da capital coma para a propia provincia.
Nese senso, ademáis de subliñar o alcalde os apoios firmes tanto da Universidade de Vigo, a través do reitor, como da Universidade a Distancia, o compromiso do presidente da Deputación non fai más que rubricar esa aposta por proxectos que marcan un novo tempo político e de futuro para Ourense. Neste senso, Manuel Baltar entende que co Centro de Intelixencia Artificial non se fai más que avanzar nese obxectivo de conquerir unha “provincia intelixente”, polo que “todos temos que sumar esforzos”, unha mensaxe compartida co alcalde para conquerir apoios da Xunta, Goberno central e fondos da Unión Europea.
O outro “proxecto estrela” está vinculado con futuro parque acuático termal. Polo de pronto, o alcalde recoñoce que o primeiro é que a Xunta execute un parque acuático de ocio na zona de Monterrei, no concello limitrofe de Pereiro de Aguiar, e ao mesmo tempo comezar a desenvolver o futuro parque acuático termal na zona de Untes, que “será único en toda España”, ademáis de converterse “nunha referencia”, pois dende a autovía se poderá ver, e se “converterá nunha estampa de Ourense”, como tamén referira Manuel Baltar, que puxo en valor “dous proxectos transformadores de Ourense que é o que nos une ao alcalde e ao presidente da Deputación”.

Deja un comentario