Venres 13 de Decembro de 2019

O Concello convoca as axudas que darán apoio a entidades de benestar social na cidade, cunha achega de 325.000 euros


 

O TSXG desestima unha reclamación millonaria de indemnización da entidade promotora dun centro comercial en A Farixa

 

A xunta de goberno local aprobou esta mañá a convocatoria anual das subvencións que o Concello destina a proxectos de asociacións e entidades sen ánimo de lucro que traballan no terreo de benestar social. Unha convocatoria por concorrencia competitiva, que está dotada con 325.000 euros e pretende darlle apoio ao importantísimo labor que estes colectivos desenvolven na nosa cidade no apoio ás persoas e aos colectivos de maior vulnerabilidade, segundo explicou o concelleiro secretario da xunta Local, Miguel Caride.

Na mesa sesión, deu conta da sentenza favorable a este Concello que dita o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na que desestima un recurso da empresa Desarrollos Comerciales de Ocio e Inmobiliario de Ourense, relativo á reclamación de responsabilidade patrimonial por anulación de licenza e obra e actividade para a construción dun centro comercial en O Fonsillón-A Farixa.

Tamén se aprobaron as bases reguladoras da convocatoria pública para a concesión de subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas nas Áreas de Rexeneración e renovación urbanas (ARRU) do Concello de Ourense, dotadas cun orzamento total de 1.548.825,39 euros. As axudas darán apoio a intervencións que se desenvolvan nas áreas de rehabilitación do centro histórico (16ª fase), cun orzamento de 350.825,39 euros, O Polvorín, Camelias, A Carballeira (5º fase) 910.000 euros, Seixalbo (11ª fase) 108.000 euros e San Mamede-Cruceiro Quebrado 180.000 euros.

RESUME DE ASUNTOS TRATADOS NA XUNTA DE GOBERNO LOCAL

A xunta de goberno tratou un total de 40 asuntos achegados polas diferentes áreas municipais.

AVOGACÍA CONSISTORIAL

2 SENTENZAS

– Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que desestima un recurso da empresa Desarrollos Comerciales de Ocio e Inmobiliario de Ourense, relativo á reclamación de responsabilidade patrimonial por anulación de licenza e obra e actividade para a construción dun centro comercial en O Fonsillón-A Farixa.

A empresa reclamara no seu día en vía administrativa a suma de 4,3 millóns de euros ao Concello en concepto de responsabilidade patrimonial pola anulación da súa licenza.

A Xunta de Goberno Local, por acordo do 23 de decembro de 2015, estimou parcialmente a reclamación. Recoñecíalle o dereito a unha indemnización, mais sensiblemente inferior á solicitada: medio millón de euros (concretamente 518.468,15 euros).

Non conforme co acordo municipal, a entidade mercantil interpuxo recurso contencioso administrativo e o Xulgado Contencioso Administrativo número 1 de Ourense ditou sentenza na que estimaba parcialmente a demanda, mais unicamente no sentido de incrementar a indemnización recoñecida polo Concello en 5.000 €, máis o IPC.

Contra esta resolución xudicial a entidade recorreu en apelación e o Tribunal Superior dita agora a sentenza que hoxe se coñece, na que desestima o recurso e confirma a sentenza de instancia.

A Xunta de Goberno acordou non recorrer a sentenza porque é favorable aos intereses do Concello

– Sentenza, ditada polo Xulgado Contencioso-Administrativo número 1, que desestima o recurso interposto por unha sociedade (KISSINGER BALTIC CORPORATION, S.L.) contra o acordo de 25 de xaneiro de 2018 da xunta de goberno local que desestimaba os seus recursos a acordos anteriores polos que se acordaba a extinción da concesión de explotación da terraza situada na parte sur do edificio denominado Torre de Ourense, do que é titular a recorrente. A sentenza condénalle tamén a recorrente a aboarlle ao Concello as costas do litixio. A sentenza non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación

AUTOS

– auto de medidas cautelares do Contencioso número 1 que lle ordena ao Concello o pago inmediato dunha débeda de 490,429,68 euros a favor da UTE ASFALFAL polo contrato de acondicionamento de vías na rúa Vasco Díaz Tanco.

– Auto do Xulgado Contencioso-número 2, que estima a medida cautelar solicitada por ASFALGAL TECNICAS VIARIAS S.L., e ordena ao Concello o pago inmediato dunha débeda de 39.903,60 euros.

Nos dous casos citados, as débedas están recoñecidas polo Concello, polo que os autos non serán recorridos.

PERSOAMENTOS

O Concello foi emprazado para comparecer en calidade de demandado en 4 procedementos interpostos por:

– Un particular en relación a un expediente urbanístico

– Varios contra o acordo da xunta de goberno local de 4 de abril de 2019 que aprobou a liquidación provisional dos gastos que implicará a execución da demolición parcial do edificio sito na Avenida de Pontevedra número 13, en execución de sentenza xudicial.

– E no procedemento interposto por unha sociedade (Nexia Infraestruturas) contra a desestimación presunta dunha reclamación de 42.000 euros máis intereses por traballos realizados no cumprimento do contrato “Proxecto de adecuación e mellora das infraestruturas actuais á normativa vixente no polígono das Coiñás”.

SERVIZO DE LICENZAS URBANÍSTICAS, DE ACTIVIDADE, APERTURA E DISCIPLINA

LICENZAS

Concedéronse 5 licenzas para a execución de proxectos de

– Reparación de cuberta na vivenda unifamiliar sita na rúa Casarellas 15.

– Instalación de ascensores nos edificios de vivendas sitos na Praza Estación nº 4 e Avenida de Portugal, 99

– Execución de reforma de vivenda unifamiliar sita en Vilariño, Castro de Beiro

– rehabilitación de edificio de vivendas sito na rúa Vilar nº 2

Aprobáronse 2 proxectos:

– para a rehabilitación interior de vivenda unifamiliar en Os Casares nº 45 de Santa Cruz de Arrabaldo.

– para a execución dun edificio de 6 vivendas na avenida de Buenos Aires número 29.

Concedeuse licenza de primeira ocupación para as obras de dúas plantas de rochos destinadas a garaxes construídas no solar sito na rúa Nuño de Ousende nº 13

APERTURAS

Aprobouse conceder 4 licenzas de obra

– para a adaptación de local para restaurante na Rúa Cardenal Cisneros (entrada pola praza da Madalena)

– para reforma e adaptación de edificación existente para a actividade de venta ao por menor de produtos de supermercado, na rúa Vinteún, nº 18,

– para proxecto de acondicionamento de local para uso de cafetería no baixo do número 2 da rúa Carlos Velo de Ourense

– para acondicionamento de local para uso de café-bar restaurante na rúa de nova apertura s/n, baixo na Área de Reparto 22-O do PXOM, en O Polvorín 1

SERVIZO DE PLANEAMENTO, XESTIÓN URBANÍSTICA E PATRIMONIO PATRIMONIO

– Estimar parcialmente a reclamación de responsabilidade patrimonial dunha ex traballadora municipal (arquitecta) e concederlle unha indemnización de 30.571,78 euros, de conformidade co establecido no Ditame do Consello Consultivo

– Recoñecer a titularidade municipal da rúa Encrucillada, de 81,68 m2, segundo medición recente, e realizar os trámites necesarios para incluíla no inventario municipal.

– Desestimar o recurso interposto pola comunidade de propietarios do edificio sito na avenida de Marín, núm. 12, contra o acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local na súa sesión do 14 de maio de 2015 no que resolveu aprobar o deslinde dunha parcela.

– Consignar a suma de 211,75 euros por custas en cumprimento dunha sentenza ditada polo xulgado do contencioso-administrativo núm. 1

– Desestimar a reclamación de responsabilidade patrimonial dun particular polas lesións sufridas como consecuencia dunha caída na praza Eduardo Barreiros o día 26 de novembro de 2015 por non concorrer os requisitos legais que dan dereito a unha indemnización.

– Estimar a reclamación de responsabilidade patrimonial polos danos ocasionados nun vehículo polo impacto contra un colector de lixo na estrada N-120 o día 9 de agosto de 2017. Se valoran os danos en mil catrocentos cincuenta e cinco euros con quince céntimos (1.455,15 €). O Concello iniciará expediente para exercitar o dereito de repetición contra a empresa concesionaria do servizo de limpeza.

– Tratouse tamén unha reclamación por lesións sufridas por unha veciña como consecuencia dunha caída na rúa Ervedelo. O Concello eleva ao Consello Consultivo de Galicia a proposta de desestimar a reclamación por entender que non concorren os requisitos legais que xustifican o dereito a unha indemnización.

-Aprobouse corrixir dous erros detectados en acordos da xunta de goberno do día 11 de xuño de 2019, que recoñece en favor do Tribunal do Contencioso a dereito a percibir senllas contías : trescentos sesenta e nove euros con sesenta e nove euros con sesenta e cinco céntimos (369,65 €) e 111,40 euros, en cumprimento de senllas resolución deste tribunal.

– Estimar parcialmente a solicitude realizada por dous particulares en relación coa ocupación por vía de feito dunha parcela (a parcela U 105 do Proxecto de Compensación do Sector de Solo Urbanizable A 6), recoñecendo a existencia da mesma e ordenando o seu cese, repoñendo a superficie obxecto de ocupación (cuxa determinación farase na fase de execución do presente acordo) a través da execución das obras necesarias para elo, retirando tódolos elementos e estruturas instalados.

– Desestimar a reclamación de responsabilidade patrimonial da comunidade de propietarios do inmoble situado na rúa Fernández Fulgosio núm. 1, polos danos causados pola caída dunha árbore no enreixado que rodea os edificios sinalados cos números 1, 2 e 3 da rúa en decembro de 2017 por non concorrer os requisitos legais que dan dereito a una indemnización.

INFRAESTRUTURAS

Aprobáronse 4 expedientes nos que se recoñece en favor da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil un total de 535,82 euros en concepto de liquidación de intereses fóra de prazo en senllos expedientes, e proceder ao pago destas débedas á Axencia Estatal da Administración Tributaria.

XESTIÓN ECONÓMICA E ORZAMENTARIA

Aprobouse unha relación de facturas, correspondente a gastos realizados no exercicio 2018, que non puideron seguir a tramitación ordinaria para a súa aprobación no dito exercicio, por un importe total de 92.122,46 euros.

COMERCIO

Aprobouse a rescisión do contrato de concesión do local municipal nº3 dos baixos da Alameda da Ponte, sito en Avenida das Caldas nº3 e denegar a solicitude realizada pola Asociación de Comerciantes Empresarios Río Mao, «Comercio 21 » no que solicitaba a continuidade da Feira do día 21, porque os mercados periódicos teñen que estar determinados na ordenanza municipal correspondente e esta feira non figura nese corpo normativo. Todo elo de conformidade co artigo 72 da Lei 13/2010, de 17 de decembro e artigo número 4 da Ordenanza Municipal de venda ambulante de 2005.

ASUNTOS SOCIAIS

Aprobáronse as Bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva a asociacións e entidades sen ánimo de lucro en materia de servizos sociais. O Concello de Ourense destinará unha achega de 325.093,24€ (trescentos vintecinco mil noventa e tres euros con vinte catro céntimos) a esta convocatoria, que ten como finalidade apoiar o importantísimo labor que estes colectivos desenvolven na nosa cidade

As subvencións teñen como finalidade financiar programas, proxectos ou actividades de interese, promoción social e utilidade pública para o Concello no ámbito dos servizos sociais, que promovan as asociacións e entidades sen ánimo de lucro; e fundacións dirixidos prioritariamente a persoas e colectivos en situación de vulnerabilidade social.

As bases publicaranse no Boletín Oficial da provincia e ao día seguinte abrirase un prazo dun mes para que as entidades interesadas poidan presentar as súas solicitudes.

Deja un comentario