Venres 13 de Decembro de 2019

A Xunta pon a disposición das persoas ostomizadas un aseo adaptado no Edificio Xudicial de Ourense


A Xunta de Galicia inicia o proxecto de implementación de baños adaptados para persoas ostomizadas en distintas dependencias autonómicas, coa instalación dun baño destas características no novo Edificio Xudicial, dentro do plan da Vicepresidencia de obras menores nos edificios xudiciais. A delegada territorial en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, acompañada do presidente da Asociación provincial de enfermos de Crohn e colite ulcerosa (ACCU), Fernando Jiménez, supervisaron esta actuación nunha visita que contou tamén coa asistencia do xuíz decano, Leonardo Álvarez.

Marisol Díaz indicou que deste xeito O Goberno galego continúa o proxecto iniciado hai anos polo que se adaptou os baños dos hospitais do Sergas, convertendo a Galicia na Comunidade pioneira en España nesta materia. A representante da Xunta anunciou que as piscinas de Monterrei serán as próximas instalacións dependentes da Administración autonómica que contarán con este tipo de servizo como medida para mellorar a calidade de vida dos enfermos de Crohn ou colite ulcerosa ás que se lle practicou unha ostomía cumprindo a lei de accesibilidade para que poidan utilizar os aseos dos edificios públicos en condicións de igualdade, seguridade e comodidade, co fin de aumentar a súa autonomía persoal e vida independente”.

Deja un comentario