Venres 13 de Decembro de 2019

O tenente de alcalde e o concelleiro de Infraestruturas representan a Ourense na Ofrenda do Antigo Reino de Galicia


 

O tenente de alcalde do Concello de Ourense, en calidade de alcalde en funcións, Jorge Pumar, acompañado do concelleiro de Infraestruturas, Miguel Caride, participaron esta mañá nos actos que se celebran na cidade de Lugo por mor da tradicional Ofrenda do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado. Atendendo o convite realizado polo Concello de Lugo, os representantes do goberno municipal representaron o Concello de Ourense nos diferentes actos institucionais.
A ofrenda é un acto institucional e relixioso centenario que se celebra cada ano en Lugo o domingo seguinte ao do Corpus Christi, e nel participan os mandatarios das antigas capitais do Reino de Galicia: A Coruña, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela, Mondoñedo, Betanzos e Tui. Coa ofrenda ao Santísimo e a súa posterior procesión pola cidade, cumpren co voto solemne que fixeron en 1669, ante as dificultades económicas da Catedral de Lugo, de dotar a dunha renda anual coa que iluminar o altar maior
Desde 1925 até os nosos días celébrase o rito da ofrenda da mesma forma nunha misa solemne: por quendas rotatorios anuais, os mandatarios municipais das sete cidades do Antigo Reino de Galicia (o alcalde de cada cidade ou un delegado ou representante seu) presenta a Ofrenda. Este ano realizouna o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.
O Santísimo Sacramento é unha fermosa custodia que se expón permanentemente no altar maior da Catedral de Lugo. Conta cunha grande devoción, e de feito está incorporado ao escudo da cidade.

Deja un comentario