Venres 13 de Decembro de 2019

A xunta de goberno completa as delegacións de competencias do goberno municipal


 

A xunta de goberno local do Concello de Ourense deu conta esta mañá, en sesión extraordinaria, dos decretos de Alcaldía que determinan a estrutura do Concello en áreas de goberno e de delegación de competencias nos concelleiros integrantes do goberno municipal e na propia xunta de goberno local. De acordo aos decretos asinados polo alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, o Concello de Ourense queda estruturado en 12 áreas de goberno, delegadas cada unha delas nun concelleiro.
Tamén aprobou delegar, con carácter xeral, competencias da xunta de goberno local nos concelleiros aos que se lles atribúen responsabilidades de goberno

Área de Infraestruturas, Mobilidade e Transporte. Concelleiro, José Miguel Caride Domínguez.
• Infraestruturas comprende: Mantemento e conservación ordinaria das vías públicas; Mobiliario urbano; Enxeñería e cartografía; Control de obras.
• Servizo de augas comprende: Augas e saneamento.
• Servizo eléctrico comprende: Alumeado público e máis o seu mantemento, aforro e eficiencia enerxética; Xestión de novas instalacións de enerxías alternativas e eficiencia enerxética.
• Transporte público e mobilidade.

Área de Recursos Humanos. Concelleiro, Armando Ojea Bouzo.

Área de Cultura. Concelleiro, Mario González Sánchez.
• Museos, festas, festival de cine, auditorio e espazos expositivos dependentes da Concellería de Cultura. Normalización lingüística.

Área de Educación, Promoción Económica, Recursos Europeos e Formación Ocupacional. Concelleira, María Teresa Rodríguez Garrido.
• Educación comprende: Universidade; Escolas infantís; Programas dirixidos á comunidade educativa e programas dirixidos á poboación en xeral, nos que se inclúe a Universidade Popular, a Aula da Natureza, a Escola de Artes Escénicas, a Escola Municipal de Idiomas e as Bibliotecas Municipais; Limpeza de centros educativos e mantemento e servizo de conserxería dos CEIPs.
• Promoción Económica, Industria, Emprego e Recursos Europeos comprende: Centro de Iniciativas Empresariais; Centro de coñecemento “La Molinera”
• Formación ocupacional comprende: Escolas taller e obradoiros de emprego.

Área de Seguridade Cidadá e Comercio. Concelleira, Ana Isabel Rebanales Rodríguez
• Seguridade cidadá comprende: Policía Local; Tráfico e expedientes sancionadores; Servizo de extinción de incendios; Protección civil.
• Comercio comprende: Mercados; Prazas de abastos; Comercio local; Matadoiro.

Área de Política Social. Concelleira, Eugenia Díaz Abella.
• Asuntos sociais comprende: Servizos sociais comunitarios básicos e servicios sociais comunitarios específicos e os seus equipamentos; Fogar do Transeúnte; Gardería monoparental; Centros cívicos; Programas de integración sociolaboral dirixidos a colectivos en risco de exclusión social, inmigrantes, discapacitados, minorías étnicas, de favorecemento da conciliación e apoio na estrutura familiar, e envellecemento activo de maiores; Limpeza e mantemento dos centros sociais (centros cívicos, Casa da Maxia, Casa da Mocidade).
• Saúde comprende: Servizos mortuorios e cemiterios; Prevención sanitaria; Unidade de Condutas Aditivas (UCA); Aula de saúde; Unidade de día; OMIC (Oficina Municipal de Información ao Consumidor); Protectora de animais; o exercicio das competencias que á Alcaldía lle atribúe a Lei 11/2010, do 17 de decembro, de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade, ou normativa que a substitúa; o exercicio das competencias que á Alcaldía lle atribúe a Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia, ou norma que a substitúa.
• Muller e igualdade comprende: Centro de Información á Muller e Casa de Acollida; Políticas de igualdade.

Área de Urbanismo, Vivenda e Patrimonio. Concelleira, Sonia Ogando Vázquez.
• Intervención na edificación e uso do solo. Disciplina urbanística comprende: Disciplina urbanística (inclúe todas as competencias que lle corresponden á Alcaldía recollidas no Capítulo III do Título VI da Lei 2/2016 do solo de Galicia, agás as que se lle delegan á Xunta de Goberno local no apartado segundo desta resolución); a tramitación e resolución de expedientes sancionadores pola comisión de infraccións urbanísticas derivadas do incumprimento da Ordenanza municipal reguladora da publicidade exterior mediante carteis, carteleiras ou valos publicitarios; Ruína inminente (art. 141.5 da Lei 2/2016 do solo de Galicia); Fomento da edificación, conservación e rehabilitación; Inspección Técnica de Edificios (ITE); Réxime disciplinario en materia de contaminación acústica; Rexistro de Solares.
• Planeamento urbanístico e xestión comprende: Planeamento urbanístico; Xestión urbanística; Arqueoloxía; Expropiacións urbanísticas.
• Vivenda de protección pública e rehabilitación da edificación comprende: Vivenda de protección pública; Áreas de Rehabilitación e Rexeneración Urbana (ARRU); Plans Especiais de Protección e/ou de Reforma Interior; Subvencións municipais en materia de conservación e rehabilitación de edificacións.
• Patrimonio municipal comprende: Patrimonio Municipal do solo (PMS); Inventario xeral de bens.
• Responsabilidade patrimonial.

Área de Facenda e Contratación. Concelleira, Ana María Fernández Morenza.
• Facenda comprende: Fiscalización; Recadación; Xestión orzamentaria; Contabilidade; Inspección de rendas.
• Contratación.
• Compras e subministros comprende: Oficina de compras

Área de Deportes. Concelleiro, José Mario Guede Fernández.
• Deportes.
• A Presidencia do Consello Municipal de Deportes.

Área de Medio Ambiente, Perímetro Rural e Cooperación Institucional. Concelleiro, Jorge Pumar Tesouro
• Medio ambiente e parques e xardíns comprende: Medio ambiente (control e calidade ambiental e sustentibilidade); Limpeza de terreos en solo rústico e urbano, e prevención e defensa contra os incendios forestais (Lei 3/2007, do 9 de abril, e normativa de desenvolvemento e ordenanzas municipais); Parques e xardíns.
• Limpeza viaria.
• Perímetro rural comprende: Mantemento e conservación ordinaria das vías públicas do perímetro rural; Mobiliario urbano no perímetro rural; Enxeñería e cartografía no perímetro rural; Control de obras no perímetro rural.
• Cooperación institucional.

Área de Participación Cidadá, Xuventude, Turismo e Termalismo. Concelleira, Flora Moure Iglesias.
• Participación cidadá.
• Xuventude comprende: Casa da Mocidade / Espazo Lusquiños.
• Voluntariado.
• Turismo.
• Termalismo.

Área de Servizos Xerais, Transparencia e Sistemas de Información. Exercidas directamente pola Alcaldía-Presidencia.
• Servizos xerais comprende: Parque móbil; Padrón e estatística; Rexistro xeral; Arquivo; Órganos de Goberno (inclúe protocolo e representación, dietas concelleiros/as, transferencias institucionais, etc…); Participación en feiras e exposicións; Xestión de edificios municipais (inclúe mantemento e inversión en dependencias municipais); Protección de datos; Rexistro de parellas de feito; Prensa e comunicacións.
• Transparencia e xestión da calidade dos servizos.
• Sistemas de informacion.

Muller e Igualdade
Como explicou esta mañá o voceiro da xunta de goberno local, Muller e Igualdade é parte integrante da estrutura incluída na área de Política Social, xunto as de Asuntos Sociais e Sanidade, cuxas competencias foron atribuídas á concelleira Eugenia Diaz Abella
Delegacións en xunta de goberno local
O alcalde delega na xunta de goberno local tanto as facultades de dirección e de xestión coma a de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros incluída a facultade de resolver os recursos de reposición que se presenten contra os ditos actos, as seguintes atribucións: tramitación e resolución dos expedientes sancionadores en materia de infraccións urbanísticas, declaración de ruína ordinaria, execución subsidiaria ou forzosa da orde de demolición de obras, e accións xudiciais e administrativas en materia competencia da Alcaldía.
Delegacións de competencias da xunta de goberno
Tamén aprobou delegar, con carácter xeral, competencias da xunta de goberno local nos concelleiros aos que se lles atribúen responsabilidades de goberno en asuntos coma potestade sancionadora, trámite de expedientes, contratación menor, subvencións… entre outras.

Os decretos xa están en vigor desde o momento da súa sinatura, sen prexuízo da preceptiva publicación no Boletín Oficial da Provincia, e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Ourense e da Casa do Concello. Tamén se lle dará conta ao Pleno da Corporación municipal.

Deja un comentario