Martes 28 de Xaneiro de 2020

A xunta de goberno local aproba a instalación en Pardo de Cela de 26 atraccións e postos de venda polas festas


 

Na mesma sesión, aprobou tamén contratos menores de orquestras, artistas e servizos precisos para o desenvolvemento da programación de actividades organizadas polo Concello

 

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou este mediodía, en sesión extraordinaria, autorizar a instalación na rúa Pardo de Cela das atraccións de feira e postos de venda ambulante das Festas de Ourense 2019. Na mesma sesión, aprobou tamén contratos menores de orquestras, artistas e servizos precisos para o desenvolvemento da programación de actividades organizadas polo Concello para celebrar as festas maiores da cidade.

Logo do acordo de hoxe, instalaranse na rúa Pardo de Cela 22 atraccións e 4 postos de venda ambulante: inchables, varredoras, casetas, parques de bólas, coches de choque, noria infantil e camas elásticas, entre outros elementos para proporcionarlle momentos de lecer á veciñanza e, moi especialmente, aos máis cativos. Xunto a eles haberá os habituais postos de larpeiradas e churrerías.

Comezarán a instalarse o día 22 pola noite, até o 30 de xuño, tantos as atraccións como os postos de venda ambulante e os 4 xeradores que resultan necesarios.

A xunta local aprobou tamén os restantes contratos menores para a contratación de orquestras, grupos, e artistas que integran o programa festivo logo de que o mércores aprobara os de Marea, Aitana e Izal, máis os contratos de servizos, alugueiro de equipos e de iluminación ornamental das festas.

Deja un comentario