Luns 21 de Setembro de 2020

O Concello aproba a organización de campamentos de verán para escolares en catro colexios da cidade


 

O programa ten por obxectivo axudar á conciliación familiar e darlle alternativas de lecer á cativada durante as vacacións

 

O Concello de Ourense organizará campamentos de verán para escolares en catro centros educativos este verán. O Concello aprobou esta mañá a contratación destes campamentos, que teñen como finalidade axudar á conciliación familiar e poñer a disposición da cativada actividades de lecer durante as súas vacacións de verán.

As familias interesadas poderán realizar a inscrición desde o martes, 25 de xuño, na Concellería de Educación, na Praza de San Martiño, 1º andar, de 9:00 a 14:00 horas e até o día 5 de xullo. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición e cada persoa poderá inscribir unicamente a dous menores -agás no caso das familias numerosas-.

O Concello organiza tamén actividades de verán para escolares na Aula da Natureza de Oira, onde aínda quedan prazas para o mes de setembro (primeira semana) e nas Bibliotecas Municipais da Carballeira e San Francisco e A Ponte, nesta última só quedan prazas na segunda quincena de agosto.

Os campamentos en centros de ensino desenvolveranse no mes de xullo, de 8 a 14:30 horas nos CEIP Amedeo Rguez Barroso, na rúa San Mamede, 8, O Couto, na Rampa de Sas s/n, Mestre Vide, na rúa Mestre Vide, 4 e A Ponte, na Avenida Jesús Pousa, 14. Están dirixidos a escolares de Educación Infantil e Primaria (5-12 anos). Disporase tamén de prazas para o alumnado con necesidades educativas especiais (NEE) no centro escolar da Ponte e no Couto un grupo de Educación Infantil (6º de Educación Infantil).

O prezo é 10 euros por escolar, e 5 por irmán ou irmá.

Deja una respuesta