Luns 21 de Setembro de 2020

O Audiovisual inicia, este luns, o programa formativo de ‘Campamentos Tecnolóxicos Kids’ de La Molinera


 

Do 24 ao 28, os alumnos participantes aprenderán a crear fotografías con Painting Light, a editar os seus vídeos con Chroma Key, a realizar unha curtametraxe de animación propia con tecnoloxía 3D ou a elaborar un foto-cómic

 

Este luns 24 de xuño, ás 9:30 horas, dan comezo os Campamentos Tecnolóxicos Kids 2019 de La Molinera. Un programa que inclúe cinco propostas que, ao longo do verán, permitirán que mozos e mozas con idades comprendidas entre os 8 e os 16 anos descubran e convivan coas novas tecnoloxías.

O primeiro deles terá lugar durante esta última semana de xuño, e estará dedicado aos Audiovisuais. Do 24 ao 28, os alumnos participantes aprenderán a crear fotografías con Painting Light, a editar os seus vídeos con Chroma Key, a realizar unha curtametraxe de animación propia con tecnoloxía 3D ou a elaborar un foto-cómic.

Logo desta primeira actividade virán os campamentos de Realidade Virtual, na primeira semana de xullo, o de Arquitectura 3D, a segunda semana de xullo, o de Drons, a terceira semana de xullo, e o de Vídeoxogos, a última semana do mes.

A través destes campamentos, o Concello aposta porque a mocidade ourensá empregue o seu tempo libre no verán con actividades de carácter lúdico, cultural, tecnolóxico e formativo, que lles sirvan non só para divertirse, senón tamén para o seu enriquecemento persoal e vital.

Centros Cívicos

Este luns 24 de xuño, as Actividades Infantís Semanais nos Centros Cívicos municipais cambian de horario con motivo do final do curso escolar. Do 24 ao 28 de xuño pasan a ser de mañá cun horario de 9 a 14 horas. As Actividades Infantís de Sábado rematan o día 29 co horario habitual de 10:30 a 13:00 horas.

Deja una respuesta