Martes 28 de Xaneiro de 2020

Alcalde e sindicatos manteñen unha primeira xuntanza para abrir unha vía de diálogo constante


O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, mantivo esta mañá unha xuntanza na Alcaldía cos representantes dos sindicatos municipais CSIF, CCOO, SAP, SPPME, CIG, USO, e UGT. O obxectivo da xuntanza era manter unha primeira toma de contacto cos representantes dos traballadores do Concello e abrir unha vía de diálogo permanente para o mellor funcionamento do Concello.

“É fundamental que flúa a información”, asegurou ao remate da xuntanza o alcalde, que considera “vital” manter reunións “constantemente” cos representantes dos traballadores.

“Eles queren comunicar as súas ideas e escoitar as nosas, afirmou Pérez Jácome. “Cen mil cerebros pensan máis que 27 concelleiros”, dixo.

Alcalde e sindicatos emprazáronse para manter unha nova xuntanza o vindeiro mércores, 26 de xuño.

Deja un comentario