Luns 21 de Setembro de 2020

Baltar recibe a Lucas Huertas Novo, campión galego e de España infantil de Kickboxing


 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao deportista ourensán Lucas Huertas Novo, de 9 anos de idade, quen vén de proclamarse campión galego e de España infantil de Kickboxing, nas categorías de lightcontact e kicklight, de menos de 33 quilos. No acto de recepción, no que tamén participou o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González, e a nai do deportista, o presidente do goberno provincial felicitou a Lucas Huertas Novo polos éxitos acadados e polo traballo realizado nesta modalidade deportiva e animouno a continuar pola senda da práctica do deporte, unha disciplina que reúne como poucas os valores do esforzo, sacrificio e planificación.

Deja una respuesta