Luns 21 de Setembro de 2020

Os retos das Entidades Locais ante a transformación dixital da xestión pública, a análise no III Congreso Red Localis


 

O vicepresidente da Deputación de Ourense inaugurou hoxe este simposio xunto á vicerreitora do Campus de Ourense e ao director do grupo de investigación GEN

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, inaugurou hoxe na Biblioteca Central do Campus de Ourense, xunto á vicerreitora do Campus de Ourense, Esther de Blas; e ao director do grupo de investigación GEN, Santiago Lago, o III Congreso Red Localis centrado nos “Retos das Entidades Locais ante a transformación dixital da xestión pública”.

Rosendo Fernández destacou a participación de relatores procedentes de diferentes Universidades e Administracións de todo o país, así como tamén a importancia dos temas que serán obxecto de debate durante o Congreso, “temas que resultan trascendentais e estratéxicos para o sector público en xeral, e para o sector público local en particular, como son a ética pública e o bo goberno, a transparencia, a rendición de contas ou a xestión intelixente aplicada ás Administracións”.

A terceira edición do Congreso Red Localis desenvolverase os días 20 e 21 de xuño no Campus de Ourense, onde se darán cita máis de 70 especialistas en administración municipal, tanto estatal como internacional, para abordar os desafíos do municipalismo para o século XXI, como son a transparencia, a xestión eficiente, a sostibilidade e a innovación na selección de persoal. O programa desenvolverase en catro bloques con ponencias temáticas a cargo dos diferentes participantes.

Deja una respuesta