Luns 21 de Setembro de 2020

O alcalde nomea a Jorge Pumar Tesouro, Tenente de Alcalde único do Concello de Ourense


 

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asinou o decreto de nomeamento como Tenente de Alcalde único do Concello de Ourense o concelleiro do grupo municipal do Partido Popular e membro da Xunta de Goberno Local, Jorge Pumar Tesouro.
Trala sesión constitutiva da Corporación municipal e de elección de alcalde que tivo lugar o pasado sábado, 15 de xuño, era necesario ditar un novo decreto de Alcaldía de nomeamento de tenente de alcalde, que neste caso será único, na persoa de Jorge Pumar
Os tenentes de alcalde integran a organización necesaria das entidades locais prevista na Lei reguladora das Bases do Réxime Local e do Regulamento Orgánico do Concello. O Debe ser designado de entre os membros concelleiros da Xunta de Goberno Local , e coa función de substituír o Alcalde nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade, sen prexuízo das competencias que o Alcalde lles poida delegar.

Deja una respuesta