Luns 08 de Marzo de 2021

O alcalde nomea os membros da Xunta de Goberno Local


Estará presidida polo alcalde e formada por 5 membros do grupo de DO e 5 do PP. Celebrará sesións ordinarias os xoves, ás 8,30horas

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asinou  o decreto de nomeamento dos membros e do Concelleiro-Secretario da Xunta de Goberno Local. A Xunta de Goberno estará formada polo alcalde e 4 concelleiros do grupo municipal de Democracia Ourensana e 5 de Partido Popular. Son concretamente: Armando Ojea Bouzo, Ana Isabel Rebanales Rodríguez, María Teresa Rodríguez Garrido, José Miguel Caride Domínguez, Eugenia Díaz Abella, Flora Moure Iglesias, Jorge Pumar Tesouro, Ana María Fernández Morenza e Sonia Ogando Váquez.
A Xunta de Goberno Local é o órgano que, baixo a presidencia do Alcalde, colabora de forma colexiada na función de dirección política que a este lle corresponde e exerce as funcións executivas e administrativas que sinala a Lei de Bases de Réxime Local.
O concelleiro-secretario da Xunta de Goberno Local será José Miguel Caride e o seu substituto Armando Ojea Bouzo. De acordo co establecido no Regulamento Orgánico de Goberno, corresponderalle ao concelleiro-secretario redactar as actas das sesións e certificar sobre os seus acordos.
Segundo establece o decreto da Alcaldía, a Xunta de Goberno local celebrará sesións ordinarias con periodicidade semanal os xoves, ás 8:30 horas.

Deja una respuesta