Luns 24 de Febreiro de 2020

Gonzalo Pérez Jácome, novo alcalde de Ourense


 

Gonzalo Pérez Jácome tomou posesión como novo alcalde de Ourense no pleno de Constitución da Corporación Municipal, que tivo lugar no salón de plenos do Concello. Pérez Jácome, candidato de Democracia Ourensana, foi investido alcalde por recibir a maioría absoluta de votos da Corporación, 14 por parte dos concelleiros e das concelleiras dos grupos políticos de Democracia Ourensana e do Partido Popular.
O Pleno comezou coa toma de posesión dos 27 concelleiros e concelleiras que desde hoxe integran a Corporación Municipal, froito das elecccións municipais celebradas o pasado día 26 de maio: 9 do PsdeG-PSOE, 7 de PP, 7 de DO, 2 de Ciudadanos e 2 de BNG.
Trala votación para a elección de alcalde, o candidato de DO, Gonzalo Pérez Jácome recibiu 14 votos, o cabeza de lista de PSdeG-PSOE, Rafael Rodríguez Villarino, obtivo 11, e emitíronse 2 votos en branco.
Na súa investidura, o novo alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome expresou o seu agradecemento a todas as persoas que o votaron las eleccións municipais e a todo o pobo de Ourense: “Desde ahora seré el alcalde de todos los ourensanos”, dixo.
“Cambiar la ciudad de Ourense”
“Ser alcalde a mí no me dice nada si no puedo cambiar la ciudad. Por eso la alegría vendrá en los días futuros”, asegurou Pérez Jácome, quen salientou que Ourense se enfronta a “dos retos enormes: conseguir que en Ourense se viva mejor, que es poner en marcha la ciudad”, e que en Ourense “se pueda vivir” poñendo fin á “sangría de población”.
“Hemos cumplido un objetivo, el primario, que es el llegar a la Alcaldía, pero realmente el objetivo empieza ahora: que es salvar la ciudad de Ourense”, concluíu o novo alcalde, Gonzalo Pérez Jácome.

Deja un comentario