Domingo 16 de Xuño de 2019

Os traballos planificados de reposición do pavimento na Praza das Mercedes prolongaranse até ao vindeiro mércores, 19 de xuño


Durante a realización das obras de reposición, os peóns poderán seguir transitando por esta rúa de acceso ao centro histórico da cidade

 

Os traballos planificados de reposición do pavimento na Praza das Mercedes prolongaranse até ao vindeiro mércores, 19 de xuño. Polo tanto, será preciso continuar coa restrición ao tráfico de vehículos até esa data.

Durante a realización das obras de reposición, os peóns poderán seguir transitando por esta rúa de acceso ao centro histórico da cidade. Desde o Concello de Ourense prégaselle comprensión á cidadanía no período que duren estas actuacións, e desculpas polas molestias que se poidan ocasionar.

Deja un comentario