Luns 19 de Agosto de 2019

A Xunta aposta polo modelo da economía social baseado nas persoas, nun emprego de calidade e nun crecemento sustentable


 

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou hoxe en Ourense na apertura do espazo efémero de emprendemento de economía social, que promove a Consellería de Economía, Emprego e Industria, para impulsar a economía social. A iniciativa, que estará ata o sábado no parque Ribeira de Canedo conta coa participación de oito proxectos empresariais.

En concreto son Roundie & Colours, dedicado á fabricación de tapices en téxtil; Triquels, unha axencia de comunicación para empresas e marcas sustentables; Amorote printing workshop, centrada no deseño de estampación de prendas con motivos inspirados na cultura galega; Trigo y Limpio, que traballa na recuperación do rural galego mediante o cultivo da variedade trigo callobre; Cosmética Deportiva, centrada en produtos para deportistas; Pequeños Círculos, de confección de roupa infantil; Maripapoula, dedicada ao deseño de xerseis; e Spacio B, de interiorismo. Os detalles dos proxectos poden consultarse na web www.espopup.com.

Toca salientou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria busca con esta iniciativa apoiar ás empresas galegas de economía social difundindo os seus valores como son o crecemento intelixente, sustentable e integrador, o emprego de calidade, a cohesión social, a protección do medio ambiente e o desenvolvemento local e benestar das persoas. Neste intre, indicou que apostar polo modelo da economía social está permitindo a Galicia conseguir un crecemento económico sustentable e sostido.

Es-Pop Up enmárcase no proxecto Poctep Laces, cofinanciado pola UE a través dos fondos Feder e liderado pola Secretaría Xeral de Emprego.

Deja un comentario