Mércores 21 de Agosto de 2019

Ourense vén de recibir os resultados dun estudo pioneiro para detectar os espazos urbanos percibidos como inseguros polas mulleres


 

O traballo, financiado con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad, através da Secretaría de Estado de Igualdad para o desenvolvemento das medidas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, contou coa participación de 55 representantes de entidades do tecido asociativo e de 16 mulleres residentes en Ourense

O Concello de Ourense vén de recibir os resultados dun estudo pioneiro a nivel nacional para detectar os espazos urbanos da nosa cidade que son percibidos como inseguros polas mulleres. Este estudo, que contou coa participación de 55 representantes de entidades do tecido asociativo e de 16 mulleres residentes en Ourense, ten como obxectivo transformar estas zonas públicas en contornas igualitarias que permitan previr situacións de risco.
Trátase dunha iniciativa única no territorio nacional, que está enmarcada no terceiro Plan de Equidade do Concello de Ourense e que quere dar resposta ao seu punto 10, no que se avoga por promover a igualdade nos espazos públicos da cidade. O traballo foi realizado con cargo aos Fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero destinados aos Concellos.
O estudo permitiu que as mulleres deran a coñecer cales consideran que son os principais factores de risco para a convivencia na nosa cidade. Tamén pon luz sobre ás necesidades do colectivo feminino respecto aos espazos públicos, infraestruturas, dotacións e servizos, e o seu uso.
As conclusións fan unha valoración positiva da convivencia na nosa cidade, aínda que sinalan a existencia de poucos espazos públicos para ela. O estudo detecta dificultades para a mobilidade a pé; a existencia de barreiras arquitectónicas e demanda “máis vida” nestas contornas
As entrevistas e grupos de discusión sinalan como factores de risco: rúas estreitas, pouco iluminadas ou illadas e os horarios de noite e madrugada. Tamén resalta a presión social para ir acompañadas sempre.
Coma factores de risco destacables encóntrase con espazos públicos masculinizados especialmente de noite e en soedade, así coma unha distribución espacial segregada polos roles diferenciados de xénero.
O estudo establece unha serie de recomendacións como: unha aposta pola mobilidade (a mellora do transporte urbano, medidas para facilitar os desprazamentos a pé e a eliminación dos obstáculos nas rúas); eliminar os puntos con iluminación deficiente; eliminar obstáculos nas beirarrúas; potenciar outros usos dos espazos públicos, no eido deportivo e cultural; elaborar unha planimetría interactiva coa información recollido no estudo identificando os lugares coas solucións arquitectónicas idóneas para a súa mellora; reforzar actuacións para fomentar a corresponsabilidade, e dotar a todos os barrios de lugares de encontro no espazo público, seguro e adaptado as necesidades de conciliación, entre outras.

Deja un comentario